viernes, 15 de mayo de 2009

Noraboa Rubén




Se o ano pasado era Brais o convocado para a seleción galega de fútbol, este ano é Rubén quén está de sorte, porque xa participou nun adestramento representando a galicia na categoría alevín. Parece difícil que nun equipo tan humilde como é este estén xogadores de tan alto nivel, pero a pena é que equipos máis grandes non se fixen en eles para que poidan mellorar aínda máis do que o están facendo.Pero sen ningunha dúbida, un fortísimo aplauso para estas dúas grandes promesas.

martes, 12 de mayo de 2009

Inútil esforzo



Sabíamos que o partido contra o 3º clasificado non ía ser nada fácil, pero partimos cara Porto do Son con moita ilusión.
A primeira parte transcurreu con diversas ocasións para nós, pero ao final serían eles quen nunha internada pola banda esquerda anotarían o 1-0. Despois da reanudación o desgaste físico e os 6 ausentes que tiñamos por lesión, pasáronnos factura, endosándonos un 4-0 nos 10 primeiros minutos. Arriscamos e pasamos a xogar cunha defensa de tres moi adiantada e logramos meterlle o medo no corpo ao poñernos cun 4-2, pero foi un simple espellismo, porque entre o arbitro e a fervorosa, moi coñecida aficción da costa, lográronnos meter un contundente 8-2, deixándonos sen capacidade de reacción.
A parte boa foi que grazas a que os nosos perseguidores non gañaron, salvámonos da queima e seguiremos un ano máis en 1ª Autonómica.

domingo, 10 de mayo de 2009

Fantásticos alevíns

Os alevíns adxudicáronse o torneo de Guimarei (A Estrada) celebrado o pasado domingo, no cal xogaron 6 partidos e os gañaron todos; anotando 17 goles a favor e ningún en contra. Na final derrotaron ao equipo anfitrión, o Sp. Estrada, ao que lle ganaron por un contundente 4-0.