lunes, 1 de junio de 2009

A EFL "B" coronouse vencedor do Galo Cup



Finalizou o torneo cos oito equipos que se clasificaran o anterior domingo loitando por alzarse coa victoria.
O torneo abreuse cos cuartos de final, cos seguintes enfrontamentos: Sp.Estrada-Lalín B(0-3),
E.F.Arzúa- Peña Bodegón Arzúa(4-0), S.D. Cruces-San Pedro(5-0), Lalín A-Unión Rianxo(5-2). Os equipos gañadores depararon unhas semifinais que enfrontaron ao Lalín B- E.F. Arzúa, no que se impuxo o lalín B con suma facilidade. Pero o mellor momento da tarde chegou cando na outra semifinal se enfrontaron o 1º e o 2º clasificados da liga, o Lalín A e o Cruces A, recordando que o Lalín lle arrebatou a liga ao Cruces nas últimas xornadas de liga. Eran as 6 en punto da tarde, facía unha calor trepidante, o campo estaba ateigado de xente que animaba con gran ferbosura aos seus equipos, notábanse os nervios no ambiente, e sobre todo as gañas que tiñamos todos de que empezara este partido, que ía decidir o 2º finalista da tarde. A primeira parte foi de dominada de principio a fin polo Cruces, tendo ata 3 ocasións claras de adiantarse no marcador, pero o balón non quixo entrar. Na segunda parte seguía mantendo o dominio o Cruces, aínda que o Lalín puido sacar petróleo dun córner sacado pola sua estrela Martín, que acabou coa espectacular parada de Cristian, un porteiro que de seguro a de chegar lonxe. Pero aínda iba quedar o mellor da tarde, a mellor xogada do torneo, a xogada que nos ía poñer en vilo a todos; faltaban soamente 2 minutos para a conclusión e o noso mellor xogador, Rubén, que adestrou coa Seleción Galega alevín, colleu o balón desde a súa posición natural, máis atrás do medio do campo e regateu absolutamente a todo o equipo do Lalín ata plantarse diante do porteiro, pero o sábado, unha vez máis, a sorte non estivo da nosa parte, senón do Lalín, que deben estar ofrecidos a algún santo porque a sorte que teñen eles cando xogan contra nós é algo sumamente difícil de explicar, porque o balón quedoulle debaixo da barriga ao porteiro deles, debido á súa masa corporal, xa que o normal nestes casos é que o balón entrara ou houbera un rexeite favorable. O partido chegara ao seu fin, cando todos pensabamos o mesmo, ¡como non puido entrar ese balón despois da gran xogada individual de Rubén!. Co o empate a ceros no marcador so quedaba unha opción, a fatídica tanda de penaltis. Tres penaltis e todo estaría decidido, pero a sorpresa chegou cando o adestrador cruceño decidiu poñer debaixo dos paos a Rubén, dada a súa gran habilidade no detemento das penas máximas. O primeiro penalti anotárono os dous equipos, despois de que Rubén rozara o lanzamento que deu no pao, e como non, a sorte fixo que entrara. Pero o peor chegaría despois cando o gardamenta lalinense lle adiviñou o lado do lanzamento ao noso central Martín. E agora si, se eles metían gañarían, e así foi. A tensión foi tanta que provocou as diferentes desigualdades entre o público, ao mesmo tempo que os xogadores cruceños choraban desconsoladamente e os do lalín festexaban o seu pase a gran final. Na final enfrotaríanse o dous lalíns, A e B, no que o B gañaría por un contundente 7-1, debido ao cansancio do A no partido contra o Cruces. O Cruces quedou de terceiro despois de vencer ao Arzúa por 6-0, resultado amargo, porque con gran diferencia o Cruces foi o mellor equipo do torneo, pero a sorte, unha vez máis, non estivo do noso lado. O trofeo ao máximo goleador caería nas mans do dianteiro do lalín B, despois de anotar 11 dianas, xa que na final anotou 5 goles, superándo así ao cruceño Rubén, motivo que da a desconfianza. Cristian Penela, porteiro do Cruces levaría o trofeo do porteiro menos goleado ao non recibir ningún gol, e Rubén, como non, o de mellor xogador do torneo con gran diferencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario