martes, 23 de junio de 2009

A primeira oe, a primeira oe...






Este sábado os nosos infantís déronnos unha incrible alegría, tras lograr o ascenso a 1ª Autonómica. Lograron impoñerse por 5-3 ao Porto do Son nun partido que foi dominado de principio a fin. Ao descanso logramos ir cun 3-1 favorable para aos nosos, o que nos permitía afrontar unha segunda parte de relax, xa que nada máis reanudarse o encontro logramos o 4-1, pero non foi así, porque debido a esa confianza, o adestrador cruceño realizou unha serie de cambios para que todos poideran disfrutar do momento e atopámonos cun peligroso 4-3 faltando cinco minutos para a conclusión do partido, pero no último minuto unha falta sacada por Diego, propiciou un rexeite que o aproveitou David para facer o definitivo 5-3. E... estaba todo listo, as botellas de champán, cámaras de fotos... e ademais un camión que os ía levar a todos polas rúas do pobo para festexar o ansiado ascenso. Foi algo emocionante, aos rapaces notábaselle a légoas a súa felicidade e á xente que pasaba polas rúas a súa satisfación, xa que se paraban, pousaban as bolsas da compra e poñíanse a aplaudir. Este ascenso foi o peche de campaña, na que desde a S.D. Cruces mostramos a nosa satisfación polos éxitos acadados. Agora só queda a cea de fin de tempada, que se celebrar este sábado 27 no pavellón municipal, na que contaremos cun pulpeiro e na cal se repartirar os diferentes trofeos aso xogadores máis destacados do ano.


E así, con este bonito triunfo rematamos o curso académino 08-09, no que espero que teñades unhas boas notas e que disfrutedes dunhas excelentes vacacións. ATA SEMPRE!!

1 comentario: