lunes, 8 de junio de 2009

Impresionantes alevíns


No día de onte os alevíns desprazáronse a localidade de Arzúa para disputar o IV organizado polo EDA. Na xornada matinal disputaron tres partidos, conseguindo dúas victorias e un empate contra o Dornelas, despois de que o gol deles chegara no único disparo a porteria no cal o noso gardameta se confiou demasiado e fallara no despexe do balón. Tras pasar como primeiros de grupo enfrontaríamonos nas semifinais contra o segundo do outro grupo, que ía ser a nosa bestia negra, o Lalín, recordando que nos eliminaran fai unha semana na nosa casa deixándonos a un paso de xogar a final. O partido afrontábase con nerviosismo, xa que era moito tempo sen ganarlle, pero aos xogadores notábaselle as gañas que tiñan, de unha vez por todas, de ganarlles. O partido só tivo unha cor, que foi o granate, xa que o Cruces dominou de principio a fin o encontro, e onte, por fin, os nosos xogadores tiveron a sorte cara o gol. Aos sete minutos de partido chegaría o primeiro gol por mediación de Roi, despois de facer gala da súa gran velocidade e escabullirse polo medio dos dous centrais e darlle un simple toque coa punteira para que o balón entrara rozando o pao. Parecía imposible, despois de tanto tempo lograbamos poñernos por diante no marcador e o delirio na aficción, nos xogadores e sobre todo nos adestradores, que o teñen ben merecido, apreciábase nas súas caras. Cinco minutos máis tarde chegaría unha falta na frontal da área que sería lanzada polo habilidoso e moi simpático Xoaquín, e o cal propiciaría un cañonazo que remataría entrando por toda a escadra. Si, o resultado era de 2-0, e este gol foi moito máis celebrado que o primeiro, xa que os suplentes invadiron o campo formando así unha todos unha piña no córner situado enfrente da grada. Parecía imposible, pero co tremendo partido que se estaban marcando os nosos alevíns era odbio. Pero como non, aínda faltaba o mellor, Rubén, que nunha internada pola banda esquerda e facendo unha arma letal a súa velocidade, picoulla por riba ao porteiro coa súa fantástica perna esquerda. O público non o cría, estabamos goleando ao equipo que nos arrebatara a liga no último arreon, o noso rival máis directo, rivalidad máxima...pero estabamos a darlle un baño en toda regla. A cinco minutos para o remate da primeira parte chegaría o 4-0, despois dunha grandísima xogada do, con diferencia, o mellor xogador do partido e do torneo, Lorenzo, que realizaría un disparo coa súa perna mala que remataría na cruceta, logo diso colleu o rexeite, regateou a dous xogares e golpeou o balón cun efecto envelenoso que rematou co balón entrando por toda a escadra. Tremendo golazo que remataría coa conclusión da primeira parte. A felicidade notábase en todos, e só quedaban 20 minutos para lograr o pase a gran final. A segunda parte comezaba cunha adversidade, a lesión de Roi, despois dun golpe na cadeira, pero isto deu lugar a entrada dun magnífico xogador, o benxamín Víctor, coñecido pola súa gran calidade de toque e o potente e colocado disparo. Este benxamín sería o autor do definitivo 5-0, despois dun colocado disparo coa zurda a beira do pao. Así conclueu o partido, cun repaso en toda regla aos campións da liga. Logo disto enfrontaríamonos na final ao Dornelas que eliminou na outra seminfinal ao equipo anfitrión, o Arzúa; partido sen historia debido a gran superioridade. O encontro rematou cun abrumador 3-0, no que os tres goles foron anotados por Rubén. E agora si, eramos os auténticos campións, amosando unha gran superioridade sobre os noso rivais, e sobre todo o máis importante, a victoria sobre o Lalín. Hai que resaltar que os cinco goles anotados contra o Lalín foron AUTÉNTICOS GOLAZOS, e xogando dunha maneira impresionante, notándose a intensidade coa que afrontaron este partido.

1 comentario: