martes, 16 de junio de 2009

Esto si que é fútbol!!!!!!!!!


Se as esperanzas de que os infatís lograran o ascenso eran poucas, despois do encontro realizado contra o que ata o outro día era o líder, o Cordeiro, agora son os claros favoritos para lograr o ascenso a esa ansiada "Provincial". Despois de perderlle fai unha semana ao Cordeiro por 1-3, este sábado os nosos infantís tiñan gañas de vendeta e realizaron un auténtico partidazo, endosándolle un contundente 2-7 no seu propio feudo, con cinco goles do noso ariete Brais, un do potente Bruno, ao que lle hai que dar méritos polo gran partido que fixo, sendo o dono e soñor do centro do campo, e anulando por completo ao seu mellor xogador, o número 10. E por último, como non, o gol do alevín Rubén, que segue sumando na súa conta particular. Agora só dependen de si mesmos, xa que se lle logran gañar ao Porto do Son dentro de sete días no camballón serán os líderes desta liguilla de tres equipos, e ascenderan directamente sen ter que esperar ningún tipo de repesca.

¡Ánimo rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario